Reformas de vivendas en Caldas

Sempre proxectos a medida

Para esas pequenas reformas que quere facer na súa vivenda, confíe en Construcciones José Acha, S.L., realizamos todo tipo de reformas e instalacións en cociñas, cuartos de baño... Póñase en contacto coa nosa empresa de construción, restauración e reforma de vivendas en Caldas de Reis e pregúntenos por todos os nosos servizos a medida.

En Construcciones José Acha, S.L. retiramos todo o material vello e colocamos os novos saneamentos, azulexos, fontanería...Os nosos profesionais asesoraranlle en todo momento das mellores opcións para realizar a reforma da súa vivenda en Caldas de Reis.

Reforme a súa vivenda da man de profesionais

Para levar a cabo proxectos deste tipo é importante rodearse de bos profesionais como os que conformamos Construcciones José Acha, S.L. Na nosa empresa de construción, restauración e reforma de vivendas en Caldas de Reis traballamos únicamente con expertos en reformas que, ademáis de estar plenamente cualificados para realizar calquera tarefa, tamén posúen unha ampla experiencia no sector.

Desta maneira asegúrase que todas as súas necesidades están cubertas. Ademais, grazas á nosa traxectoria ante calquera incidente, imprevisto ou avaría, estamos preparados para responder e atopar unha solución inmediata.

Grandes ou pequenas reformas con Construcciones José Acha, S.L.

Na nosa empresa de construción, restauración e reforma de vivendas en Caldas de Reis levamos a cabo tanto grandes como pequenas reformas xa que sempre nos adaptamos ás súas esixencias e necesidades.

As pequenas obras poden cambiar por completo o aspecto da túa casa. Derrubar unha parede, crear unha nova estancia ou transformar habitacións son tan só algúns dos proxectos que podemos poñer en calquer momento.

Con estas accións, en Construcciones José Acha, S.L. somos capaces de darlle ao teu fogar un novo aspecto. Ademáis, se mellora o confort e a funcionalidade da casa conseguirá reducir os gastos de enerxía e aumentar o valor da vivenda.

Reformas grandes ou pequenas de vivendas

Qué época é a máis adecuada para realizar unha reforma?

Se está a pensar en comezar unha reforma pero non atopa o momento perfecto espérese ao verán, xa que son moitas as vantaxes de esperar a esta época do ano para levar a cabo pequenas reformas na súa vivenda:

Hai máis horas de luz

Menos humidade que no outono ou inverno

Pode reformar durante as vacacións

Limpeza e ventilación con máis facilidade

Por qué confiarnos a reforma do seu fogar?

Os máis de 40 anos que levamos traballando demostran que a nosa permanencia no sector non é casualidade. Esforzámonos cada día para dar o mellor de nós mesmos co obxectivo de que todos os nosos clientes teñan todo o que nos demandan.

En Construcciones José Acha, S.L. gústanos o traballo ben feito e por iso tampouco paramos de formarnos e estar en continua aprendizaxe, xa que é a única maneira de estar ao corrente das últimas tendencias e novidades do sector.

Se o que busca é profesionalidade, experiencia, dedicación, esforzo e compromiso, entón o que está a buscar é unha empresa como Construcciones José Acha, S.L. xa que esas palabras defínennos á perfección. Se quere saber máis sobre a nosa política de traballo non dubide en contactar connosco.